Monday 29 de April de 2024

A Xunta intregará 108 distincións ao mérito deportivo o vindeiro martes 30 de xaneiro de Ferrol


As distincións concédense en recoñecemento do labor ou traxectoria no ámbito deportivo de Galicia, así como pola contribución ao fomento do deporte na comunidade

A Xunta entregará o vindeiro martes, 30 de xaneiro, as distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes ao ano 2023 nun acto que se celebrará no Teatro Jofre de Ferrol. O Diario Oficial de Galicia publica mañá, xoves 25 de xaneiro, a relación das 108 persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que recibirán nesta ocasión a máxima condecoración do deporte a nivel autonómico.
Os premiados son os seguintes:
Premiados da provincia da Coruña
Pablo Aguirregabiria Alonso (título póstumo), Roberto Rodríguez Rama (título póstumo), Bárbara Gómez Oubel (título póstumo), Francisco Javier ‘Chuco’ Pérez Lafuente (título póstumo), Isidro Silveira Cameselle (título póstumo), Isidro ‘Chino’ Silveira Rey (título póstumo), Pilar Pardo Madarro, Fernando Galmán Barreiro, Alberto Galmán Basadre, Antonio ‘Tonecho’ Lorenzo Fernández, Sofía Toro Prieto-Puga, Pedro Nimo del Oro, Borja Golán Santín, Fernando Vázquez Pena, Manuel Martín Gómez, José ‘Pepe’ Moure Muñiz, Dolores Tasende Díaz, José María Criado Labajo, Miguel Juane Sánchez, Mercedes Barrientos Varela, Ferenc Szabó Tatár, Ángela María Lera Navarro, Rafael Martín Acero, Cristina Pedrosa Leis, Gonzalo Barrio García, Laura Mosquera Escudero, Jesús Rodríguez Muíños ‘Carolo’, Asociación Galega de Xestión Deportiva (Agaxede), Club Amigos do Baloncesto Obradoiro, Oar Ferrol, Club de Mar San Amaro, Fundación María José Jove e Asociación Bolboretas.
Premiados da provincia de Lugo
Juan Quiñoá Blanco (título póstumo), José Mourelo López, Cayetano Burrieza Pizarro, Noelia Sánchez Iglesias, Domingo ‘Miki’ Sánchez Cabo, Carlos Sánchez Cabo, Vicente Álvarez Fernández, Manuel Jesús Vázquez Corredoira, Francisco ‘Fran’ Vázquez González, Cristian Isaac Toro Carballo, Ángel Blas Paz Díaz, Carmen José López Rodríguez, Ramón ‘Moncho’ Brigos Fernández, Irmáns Pedregal (Antonio e Pablo), Xogadoras Emevé 85/86 e Viveiro Club de Fútbol.
Premiados da provincia de Ourense
Jesús Miguel ‘Sumi’ Cortés Rodríguez (título póstumo), María del Pino Díaz Pereira, Lorena Luaces Barril, José Vicente ‘Pepín’ Méndez Novoa, Julio Feijóo Pardo, José Luis Estévez Camiña, Carlos Moure Castro, Elías José González Gil, José Gago Garrido, Diego Iván Ocampo Vázquez, Manuel Quiroga Pérez ‘Taja’, Abelardo Barbosa Álvarez, e Patricio Sánchez Fernández.
Premiados da provincia de Pontevedra
Alejandro ‘Dury’ Alonso Estévez (título póstumo), Antonio Bernárdez Gándara (título póstumo), José Carlos Iglesias Fernández ‘Yoscar’ (título póstumo), Daniel Rivas Fernández (título póstumo), Javier Nogueira Diz, Luis Nistal Riádigos, José Luis Pérez Ouro, Jesús González Roca, Enrique ‘Quique’ Costas Álvarez, Ángel Villar González, Antonio Estévez Rodríguez, Manuel Otero Pérez, Manuel Rodríguez Alfonso, Miguel Cortegoso Freire, José Manuel Sotelo Pena, Juan José García Cota, María Teresa ‘Maite’ Méndez Fernández, José Ángel Torres Taboada, Alejandro ‘Alex’ Marque Porto, José Manuel Vázquez Núñez, José María Covelo Cartelle, Manuel Carlos Gayoso Díaz, Virgilio González Barbeitos, Gerardo Álvarez Martínez, José Miguel Pérez Vázquez, Marisol Polo Lima, Manuel González Ojea, Francisco Outeda Rodiño, Jaime Alberto ‘Camba’ González Fernández, Manuel Cavada Juanes, Luis Guimeráns Curra, Federico Tapias Presas, Antón Piñeiro Lorenzo, Eladio Fernández Pérez, José Antonio Martínez Terzado, Ramón Magariños Duró, Pablo Cimadevila Álvarez, Francisco ‘Paco’ Martín Picó, Rafael Tena Núñez, María Teresa Lorenzo Lemos, María Dolores Pedrares Alonso, Antón Paz Blanco, Fernando Echávarri Erasun, Begoña Fernández Molinos, Club Balonmán Atlético Guardés e Discamino.
Reactivación dos recoñecementos
Cómpre salientar que a entrega das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia reactivouse en 2022 tras os anos de pandemia cunha gala celebrada en San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela na que se entregaron 106 condecoracións.
Estas distincións foron creadas en 2010 e son concedidas anualmente logo de proposta motivada do xurado cualificador, en recoñecemento do labor ou traxectoria, notoria e exemplar no ámbito deportivo de Galicia, ás persoas físicas ou xurídicas, entidades ou organismos, que estean contribuíndo, ou contribuísen ao crecemento, promoción, fomento e excelencia do deporte e da educación física da comunidade autónoma de Galicia.